Un novo proxecto: BARRIOS Xinzo e Verín

Consulta as portadas (en pdf) do número de maio de 2009 de Ourense por Barrios:

- Ourense por Barrios ed. Couto

- Ourense por Barrios ed. Ponte Canedo

- Ourense por Barrios ed. San Francisco

- Ourense por Barrios ed. Centro

E as portadas do número de maio de Barrios Xinzo-Verín:

- Ed. Xinzo

- Ed. Verín

O próximo número de Ourense por Barrios, estará nos buzóns de Ourense a finais de maio.

O próximo número de Barrios Xinzo-Verín buzonearase a mediados de maio.

Para conseguir o periódico deste mes ou algún número atrasado, podedes pasar polas nosas oficinas na rúa Valle Inclán.

Podédesnos enviar as vosas suxerencias, queixas, artigos ou cartas por correo-e a info@ourenseporbarrios.com e as vosas cartas ao director a opinion@ourenseporbarrios.com

Para contactar

Tel. Oficinas: 988 239 634 / 988 549 717
Fax: 988 239 634
E-mail: info@ourenseporbarrios.com
Departamento de publicidade:  685 800 190
- comercial@ourenseporbarrios.com
Dirección: r/ Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense

¿Que é Ourense por BARRIOS?

Ourense por BARRIOS é un periódico totalmente independente, que leva publicándose desde setembro de 2002 na cidade de Ourense. Trátase dun periódico de edición mensual e gratuíto, con información de carácter local e de interese para os barrios nos que se edita. Sae á rúa a finais de cada mes.

Ourense por BARRIOS trata temas de interese local, como demandas veciñais, problemas dos barrios, actividades culturais, etc., e inclúe seccións como deportes, anuncios clasificados, ofertas inmobiliarias, bolsa de emprego, axenda cultural, especiais temáticos, artigos divulgativos ou pasatempos.

O seu primeiro número apareceu en setembro de 2002, cunha edición para os barrios de O Couto, A Carballeira, Vistahermosa e a localidade de A Valenzá.

Desde o mes de xullo de 2003 publícase unha nova edición para os barrios de A Ponte e O Vinteún.

A partir de setembro de 2004 sae á rúa unha terceira cabeceira, para os barrios Xardín, San Francisco, Mariñamansa e Barrocás, coa que se alcanzan os 33.000 exemplares.

Desde outubro de 2007, existe unha nova portada, para os barrios do Centro, As Lagoas e A Cruz Alta.

Difusión: A tirada das catro cabeceiras é de 40.000 exemplares, co que se convirte no medio escrito de maior tirada da provincia:

- Ed. O Couto: 11.000 exemplares.
- Ed. Ponte Canedo: 9.000 exemplares.
- Ed. San Francisco: 9.000 exemplares.
- Ed. Centro: 11.000 exemplares

A forma de distribución dos periódicos é mediante buzoneo directo en domicilios particulares, abarcando dúas terceiras partes da cidade de Ourense, co que o público obxectivo ronda as 80.000 persoas, máis outros 8.500 habitantes de A Valenzá.

Ademais, repártense exemplares en locais de asociacións de veciños, cafeterías, peluquerías, ou colexios.

 

SUBIR

Un novo proxecto:
BARRIOS Xinzo e Verín

Letras a la Carta, S.L., empresa editora de Ourense por Barrios, publica desde decembro de 2006 un novo medio de comunicación para as localidades de Xinzo de Limia e Verín. Trátase dun formato similar a Ourense por Barrios, un periódico mensual de información local de carácter gratuíto que leva máis de 4 anos repartíndose na cidade de Ourense.

O periódico repártese mediante buzoneo directo nos fogares e mediante un reparto selectivo en cafeterías, peluquerías, centros de saúde, organismos oficiais, colexios e locais de asociacións e colectivos, e entrega en man nos días de feira máis cercanos á data de saída. Sae á rúa aproximadamente a metade de mes (en xoves).

O novo xornal, que sae á rúa cunha tiraxe de 10.000 exemplares, trata quere ser un espazo aberto ós habitantes destas dúas localidades ourensás e as súas comarcas, no que se aborden temas de interese local, tales como demandas veciñais, problemas dos barrios, actividades culturais, etc.. Ademais inclúe outras seccións como deportes, anuncios clasificados, ofertas inmobiliarias, bolsa de emprego, axenda cultural, especiais temáticos, artigos divulgativos ou pasatempos.

SUBIR